Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

22-07-2008 02:29:23

Brave New World. Un mundo feliz


A Lúa era chea e os cans latricaban lonxe, que diría Dieste.
A marea estaba alta e mollamos os pés.
Queríamos un pouco de soma. E non había para os dous.
Tesme a min, que máis queres?
A veces non é suficiente.
Pero é que un non pode estar a todo.

21-07-2008 01:02:38

Latinajos pra Mansio

Categoria: Delirium TremensTeRMi

Posteo por petición expresa de Mansio (Sirocko)

Meo quidem animo.

As guerras non terminan coa firma do armisticio, nequaquam. Logo hai que cumprilo. E iso pode provocar outras consecuencias que se alargan ata moito despois do fin da batalla. Ad eternum se nos pomos parvos.
Outra cousa é cando collo e boto un Age con Mansio. Doulle unha tunda con gregos, cartaxineses ou con quen queira. Acaba a partida, mira a mensaxe de Has sido derrotado e logo teño que aturar o seu berrinche vía MSN e fóra, acabou a guerra e a outra cousa.

Eu síntoo ab imo pectore, pero Man, pedirte perdón por mascrar as túas lexións de romanos é un feito ad absurdum.
A priori podo parecer un chulón, pero se analizamos os meus combates, é dicir a posteriori, son alguén do máis obxetivo. De facto, é tan fácil que quedo ad nauseam de xogar contigo. E se non che gusta, Mansio, botalle azucre ad nutum, ok?
Recorda que eu son unha persoa manueta natura, pero se me tocas os collóns Memento mori.

Ale, ata outra. Eu xa officium servare, Man.

04-07-2008 23:07:09

Ains


Non sei que por, non sei que escribir, pero sei que quero facelo. Estes días posteo moito, pero análises e novas deportivas en celestes.org, nada que ver co blog que estades lendo.

Teño cousas na cabeza, pero non sei como escribilas nin que. Non é falta de inspiración, é desorde mental. Ou quizais perda de práctica. Nos últimos meses apenas posteei, entre avarías informáticas e falta de tempo non puiden.

Perdoen que me retire un pouco máis, pero dentro dun días: máis e mellor.

 Saúdos!

25-06-2008 02:50:23

Por fin


Saio á terraza e observo o amencer. O sol entre os piñeiros e o mar rompendo paseniño. Sento no chan, collo a miña botella, Jim Beam Black (que detalle!). Un vaso, dos bos, e unha garafa de auga moi fría. Boto bourbon e auga no vaso mentres acendo un cigarro. Reláxome, descanso, que pouco durmín estes días!
A calma que sucede a unha noite de festa rachada contrasta coa aparición de actividade na vila. Pecho os ollos e síntome ben, en paz. E nese mesmo intre, na rúa, escoitanse os primeiros coches, xente e pitos. Dame igual todo. Estou feliz, de puta madre. Crézome, síntome xenial. CHEO. Entón abro os ollos, apuro o cigarro e miro cara dentro, para o sofá: xa está a durmir. Pecho a porta da terraza para que non lle moleste o ruído.
Doulle un bo grolo ó whisky, síntome pleno comigo mesmo, cheo de autoestima, coma fai anos que non o sentía así.

E que ben se está.

01-06-2008 01:31:28

Borrachos e camareiros (II)


Acabo de chegar de catorce horas de divertido (Si! Divertido!) choio. Hoxe empecei algo frouxo polo sono, pero a medida que aumentaba o traballo acadei cotas que facía anos (Si! Anos!) que non obtiña.

Estou en forma!
Ouuuu yeah!

A pesar de ser un divertido día, hoxe descubriín unha nova coña sen gracia (entre outras) das borrachas ás que me refería no primeiro post:

Recollendo cáscara do marisco.


TeRMi: quere máis camaróns, SEÑORA?
Clienta: oh si! [MODE Lascivo ON] que bos están estes camareir... Estes camaróns, digo! [/MODE]
TeRMi: ... (que crus!)
Mesa: (coma hienas) Buajajajajajajajaja, Lore eres lo más!

Para máis inri, logo un señor na mesa do lado raioume toda a tarde con outra:

Recollendo cáscara II (segundas partes nunca foron boas)

Un señor que comía moitísimo marisco e enchía o plato cada dous por tres. Entón, eu, eficiente camareiro, cada dous por tres limpiáballe o prato e a mesa cal señor lle limpia a pía e o cortello o seu porquiño, só que eu non lle vou sacar xamóns ó cliente e, polo menos, o dono do porco si.

T: límpiolle o prato señor?
C: oh si neno! Pero é culpa da miña señora que me enche o prato de borralla. (Risa ridícula con gruñidos)
Señora do cliente: ... (con cara de "joder, levo casada trinta anos cun gilipollas!")

Por fin alguén con sentido común!

E así ata catro veces máis.

Á sexta:

T: límpiolle o prato señor?
C: oh si neno! Pero é culpa da miña señora que me enche o prato de borralla.

(Nota do autor: non, non é que copiara o dialogo nun veloz copy-paste. É que era todo atroz e estupidamente igual)

T: je, je (Cala parvo!) Usté coma tranquilo, ho! Que pa iso estamos!
C: no, neno, no! É a miña muller! (Risotada, toques co cóbado) É a miña muller! A miña muller! A muller! (E así repetíndose ad eternum ata que finalmente e xa no final do segundo prato que lle rin a patética gracia).

Hoxe, ademais, dixéronme outros clásicos coma:

Limón 

T: que quer que lle traia de licor?
C: oh, quería un bo ron, dese reserva, solo, con limón!
T: agora mesmiño.


(Marcho, alónxome da mesa, loonxe, loonxe, recórdoo coma quilómetros, así coma ir de aquí ata Beirut e escoito un berro... O tipo... Decido dar volta, parvo fun...)


T: dígame
C: unha rodaja de limón eh? Non me vaias traer un limón enteiro!
T: ... (cara de "non sei se o parvo son eu por atender a semellante bastardo mongo, ou a súa nai por cagalo un día maldito para a raza humana e darlle de comer ata que se foi da casa")
T: (moi boorde) CLARO (idiota) agora mesmo, SEÑOR.
C: ... (desconcertado, con cara de "que pasa como non pillou o meu xenial chiste?")

Bueno, queridos lectores, aquí remata outro post de desafogo dun servidor. Espero que lles gustara esta áceda versión dos gajes del oficio de camareiro.

Si, seino, a veces a realidade supera á ficción.

Estame gustando isto, así que... CONTINUARÁ

Saúdos!

27-05-2008 23:38:32

Borrachos e camareiros


Esta fin de semana tiven unha xornada maratoniana (nunca mellor dito, andiven máis de setenta e cinco kilómetros) de camareiro.

A historia comezou o sábado, moi cedo, ás 9.30 estaba no restaurante, había dúas vodas, unha de cento sesenta e cinco persoas e outra de arredor de cen. A iso das 23.00, rematamos pero ainda quedaba unha mini-voda nocturna de corenta e cinco persoas e montar os comedores para as comuñóns do domingo. Rematamos ás 3.00 AM do domingo, paseime un día enteiro traballando de pé. Dezasete horas e media.


Domingo, as comuñóns teñen o bo que é que rematan cedo, había que chegar ás nove pero eu tiña permiso para chegar máis tarde. Media hora máis tarde. 9.30, coma o sábado. Sete celebracións máis unha colosal comuñón de catro persoas (sic!). Rematei ás oito e media da tarde dese mesmo día. Once horas. outro día tirado.

E aínda por riba cun soldo de merda. E sen cotizar.

17.30 + 11 = 28h 30min de intenso traballo.


E iso non é o peor. Esta semana houbo ración extra de borrachos facendo coñas patéticas e gastadísimas, cansado de oílas estou, algunhas se son a primeira vez que as oes non están mal, pero despois de un milleiro de repeticións cansan, sobretodo cando te "obrigan" a rirte con eles e tal.

Aquí vai unha escolma das máis míticas:

Café


Vou cunha bandexa ataviada de todo o necesario para facer un café na mesa ó comensal.

TeRMi:
con leite? Solo?
Cliente: solo non, ho! Bótalle ajua! 
(Inserte aquí risotada ou ouvido patético).

Retirada

Acaban de comer un prato, procedo a súa inminente retirada.

T: rematou señor? Retírollo? (O prato, enténdese)
C: que dis? Se aínda me quedan seis anos para retirarme! Hai que cotizar!
(Inserte aquí risotadas, ouvidos e unha palmadiña no ombreiro dun servidor en plan: era cooooña home).

Viño

C: camareiroooo!
T: Dígame.
C: Trae outra botella que nesta o viño evaporouse ou ten un burato ou algo.
(Ríanse!)
T: ...
(Agora o cliente dame toqueciños, tentando por cara de complicidade e de "que chispa teño, eh?")
T: (esboxando un falso sorriso) agora mismo veño con ela.

Ficha Loca

Típica mesa de voda composta de amigas solteronas,
difíciles de ver, bueno, que carallo: ñordas a máis non poder, moi gordas, cuarentonas que non foden e aínda por riba borrachas.
Ollo! Eu non teño nada en contra nin das gordas, nin das ñordas, nin das solteironas, nin das cuarentonas, nin das que non foden, nin das borrachas. Pero non me neguen que estes factores xuntos, sobretodo con inxentes cantidades de albariño e destilados de corenta graos, fan un cóctel realmente explosivo.

Fan unha jauría brutal de mulleres deshumanizadas que observan como un elemento coma min, o cal califican de yogurín apetecible (e iso que un non é un adonis precisamente), que lles obedece nas súas ordes (obvio, é o meu choio pero eu non paso de por bebida e comida a esas tipas) fai que se lles altere a libido. Xa alta de por si. Se a isto lle engadimos o alcol...

Entón empezan unha serie de coñitas e tonterías que un ten que soportar toda comida. Pero mentres non me belisquen o cu, ou me quiten a garavata ou paxariña coma xa lle ten pasado a outro compañeiro, confórmome.


Bueno, queridos amigos e lectores outro día igual profundizaremos máis noutro tipo de coñas malas de hostelería: eres zurdo neno? E como te fas as peras!? (Ti que cres? Gilipollas!)

Ou outros temas deste traballo, sempre interesante e agotador, de camareiro.

 

Saúdos.

  

13-05-2008 18:32:12

Pouca actividade

Categoria: NovasTeRMi

Un artista alégrase de que lle veñan as musas, pero iso é pan para hoxe e fame para mañán, a non ser que o artista teña que ver coa SGAE, que eses sacan pan de onde sexa. O caso é que é mellor ter as musas ca que veñan. Xa sexan persoas, vivencias ou obxetos etc.
É mellor ter historias que contar, sobretodo se son vividas, aínda que estén "adornadas", que esperar a que nos veña esa inspiración divina.

Ultimamente, eu, nin unha cousa nin a outra, aínda que espero porme as pilas. Nos últimos días, a miña vida anda bastante aburrida e carente de sentido.

Ademais, agora veñen os exames e terei que frear este ano de vivir de can (academicamente falando) e porme a estudar. Se a festa e os traballos mo permiten, claro. Que de algo hai que vivir.

Todo isto e máis, é a explicación da pouca actividade actual no meu blog e outras páxinas nas que colaboro.

Espero redimirme.

27-04-2008 06:11:23

Así: chao


Tanto que pasas e
tanto que queres.

Tanto que olvidas e
tanto que pides.

Tanto investimento e
tanto malgasto.

Tanto que evitas e
tanto que reclamas.

E entre tanta cousa: eu. Polo medio...
Non sei se estorbando ou sendo a xénese de todo.

  

25-04-2008 00:10:57

Queima de Viseu (III)

Categoria: FFTTeRMi

Neste final de Abril...

Queima '08!

Queima das Fitas de Viseu, alá imos!

 

Outras queimas:

Coímbra

Episódios I II III IV V

Braga
 

24-04-2008 23:14:36

Gatos

Categoria: Frases, citas...TeRMi

Non me gustan os gatos, son silenciosos!

Ludwig Van Beethoven
 
 

16-04-2008 18:14:27

Que cona pasa?


Que hostia é iso da I Feria de Abril de Baiona!?

 

Nin que non tiveramos nós tradicións e cultura dabondo para crear festas... 

 

Que vergoña, este concello cada día dá máis noxo... 

 

 

10-04-2008 01:31:38

Boxeando


Prendo un cigarro, fago café.

Quenta o leite que eu apago o incendio.

Dúas de azucre? Non empalagues, só e sen azucre, se hai que repetir que sexa no ring de boxeo, xuntos. Combate duns de tres asaltos e máis nos vale non quedar K.O. antes de tempo.

Poñome as luvas de loitador, non sexa que teñamos sorpresa. Un concerto de música son parte dos preliminares do combate, sinfonía de cores e sabores, texturas e aromas. Que non se pase o batería que aínda a imos ter.

Mellor ir o que íamos. Sae unha boogie co luminoso: "primeiro asalto". Aínda frescos, os loitadores non arriscan, non se coñecen, pero os golpes van caendo e van aprendendo. Primeiros sudores, primeiros contactos, a cousa parece igualada...

No fondo, todo tan sinxelo e como me complico eu a veces...

 

 

08-04-2008 20:53:47

Ai!


O adulterio e a promiscuidade poden facer que paguemos un alto prezo polo seu uso...

E non me refiro á gonorrea...

 

21-03-2008 19:45:31

Sistema electoral


É notorio, necesario e sabido que o sistema electoral  precisa dunha reforma. O partido Izquierda Unida é un dos máis perxudicados con esta lei. Polo tanto, propón dende a súa páxina web que nos impliquemos no cambio cunha recollida de sinaturas. Alí tamén atoparedes máis información dos comos e porqués. E tamén neste interesante artigo.

Quizais non dea resultado, pero alomenos levemos o debate ata o congreso.

Firma aquí.

 

 

17-03-2008 21:04:44

Fortaleza


Coñecín unha vez a un home, que tiña a ambición e a autoestima máis grandes que xamais vin. Ademais, era moi esixente consigo mesmo. Esta mestura de ingredientes facíano posuídor dunha perfección e dunha confianza tal que, nos seus traballos, podía acadar cotas inimaxinables para rivais, a priori, coa súa mesma maña.

E sempre que lle preguntaba: tío como fuches capaz de facer iso?
Respondíame cun sorriso pícaro...

Todo está na mente amigo.


E de fondo escoitábamos: Shalamar - A Night To Remember.